Chamada internacional para un mes de accións a favor do Georges Abdallah

Free Georges Abdallah!

Georges Ibrahim Abdallah é un activista comunista libanés. Foi arrestado en Lyon no ano 1984, e condenado en 1987 como presunto fundador das Forzas Armadas Revolucionarias Libanesas. No ano 1982, Israel, lanzara unha invasión no Libano co apoio da Francia e dos Estados Unidos para aniquiliar a resistencia palestina. A resposta da FARL foi traer a guerra aos centros imperialistas, aos patrocinadores , aos financistas, e aos seus traficantes de armas. As FARL executaron a persoa a cargo do MOSSAD e ao agregado militar de EE.UU na Francia.

Georges Ibrahim Abdallah é legalmente liberable despois de ter pasado 14 anos na cadea. Este será o seu triséximo sexto ano encarceado. Todas as posibilidades de liberación foron torpedeadas polas autoridades políticas francesas, baixo a presión aberta dos Estados Unidos. Esta decisión contra Georges non debe causarnos sorpresa:

  1. Primeiro, porque encarna a historia das FARL, e a fin da impunidade dos poderes imperialistas no seu propio territorio.
  2. Segundo, é un exemplo dos presos revolucionarios que non abdicaron na súa identidade, pese as décadas de cárcere e chantaxe.
  3. Finalmente, porque Georges segue sendo un defensor do proxecto histórico da esquerda revolucionaria para Palestina, un proxecto radicalmente diferente dos das distintas correntes islamistas ou capitulares de Oslo: O proxecto dunha Palestina unida, dende o río Xordán até o Mediterráneo, sen que a pertenza a unha relixión, a unha comunidade ou a unha nacionalidade, conduza ao privilexio ou a opresión.

Apoiemos ao Georges Abdallah, non só polo exemplo de resistencia, se non tamén polo feito que supón o noso apoio é tamén apoiar a nosa propia identidade, nosa historia e o noso proxecto político. Vistos estes feitos, non debemos permitir que a persecución de Georges deixe a ninguén indiferente.

O que debe preocuparnos é que as movilizacións do movemento de solidariedade á que pertencemos seguen sendo demasiado desiguais e insuficientes en relación ás cuestións que están en xogo, e nós temos que recoñecelo para seguir adiante. Non nos conformemos cuns artigos na prensa, unha adhesión a unha chamada de apoio, ou en acudir a unha manifestación: intensifiquemos en todas partes e mediante os nosos recursos na campaña de apoio, mobilicémonos máis ampliamente e defendamos a súa identidade política.

É por iso que Samidoun, o colectivo Palestina Vaincra e as seccións francófonas do Socorro Vermello Internacional:

  1. Comprometense a redoblar os esforzos nas campañas pola liberación de Georges Ibrahim Abdallah.
  2. Fan un chamamento a todas as forzas de solidariedade para que asuman un compromiso masivo, a longo prazo e radical para este lanzamento.

Como cada ano, organizase unha manifestación no aniversario da detención de Georges Abdallah fronte a súa prisión en Lannemezan (Altos Pirineos) Este ano a manifestación terá lugar o sábado 19 de outubro ás 14:00. Facemos un chamado á participación masiva neste acto.

Tamén pedimos un mes de accións en outubro en toda Francia e en todo o mundo. Un mes perante o cal as iniciativas de solidariedade terán lugar en todas partes e en todos os paises e a todos os niveis. Facemos unha chamada a todas as forzas de solidariedade para que fagan seu esta chamada e se comprometan na mobilización de outubro con todas as forzas ao seu dispor.

Contra o imperialismo, o sionismo, os rexímenes e as forzas árabes reaccionarias! Por unha Palestina libre, laica, e democrática dende o mar até o río Xordan! Liberadade para Georges Ibrahim Abdallah!

Socorro Vermello (Bruxelas, Xenebra), Collectif Palestine Vaincra, Samidoun.